Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“8 apellidos andaluces” humor e improvisación no Multiúsos

8apellidos

Os humoristas Quique de la Fuente, Txapela Cádiz, Abraham Martín e Jesús Piña, todos eles cómicos andaluces xúntanse neste espesctáculo que busca facer rir ao público nun show de monólogos e chistes. Enmarcado no ciclo Humor na súa tinta a cita será este domingo ás 19:00 horas no Auditorio da Xunqueira.

Organizado pola produtora Pares o Nones, Quixote e o Concello de Redondela, esta actuación subirá ao escenario a estes catro humoristas chegados dende o sur de España cun espectáculo onde a ironía e a improvisación son as protagonistas.

Unha actuación enmarcada no ciclo Humor na súa tinta que continuará co monólogo “Pepa no me des tormento” a cargo de Beatriz Rico o 17 de decembro.

Xa no 2024 o 14 de xaneiro a quenda será para First Comedy Date e o ciclo chegará ao seu remate o domingo 4 de febreiro con Grison, popular personaxe do programa de televisión La Resistencia.

O prezo das entradas é de 13,00€ mais gastos de xestión anticipadas e de 16,00€ na billeteira no propio multiusos. As entradas anticipadas pódense conseguir a través da web de woutick

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará