Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello investiga posibles irregularidades na solicitude dunha subvención

CasaConcello

O goberno local ten en marcha unha investigación interna para clarificar os trámites realizados na solicitude dunha subvención ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en abril deste ano. A alcaldía decidiu facer pública a existencia desta investigación tras presentar o PP un escrito no que insinúa que existiron irregularidade no proceso.

Explica a alcaldesa Digna Rivas que ante a recepción dunha notificación que denegaba a concesión de dita subvención, o Concello contactou coas persoas involucradas no expediente “para clarificar as causas da non concesión e iniciou unha investigación reservada que actualmente se atopa en curso”. Este expediente de investigación está á espera de contestación de entidades e persoas “que nada teñen que ver nin co grupo de goberno actual nin co persoal do Concello de Redondela”.

Rivas asegura que o goberno local “cumpre escrupulosamente coa normativa legal e non pode tolerar prácticas políticas baseadas en conxecturas propias, e moito menos vai vulnerar o dereito á presunción de inocencia de calquera cidadán sen proba algunha, como pretende o Partido Popular”.

A rexedora advirte que as prácticas políticas que acusan directamente ás persoas “deben ir acompañadas de actos responsables, como a presentación no xulgado destas acusacións, en lugar de insinuacións que en caso de falsidade non carrexen responsabilidade penal ou política algunha”. Desde o Concello explican que para aclarar esta situación está en curso un procedemento administrativo interno “que seguirá a súa tramitación con total respecto á lexislación vixente”.

Unha vez resolta a investigación “o Concello adoptará todas as medidas legais que estean na súa man para depurar responsabilidades no caso de confirmarse que houbo algunha irregularidade ou adulteración nos documentos presentados”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará