Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha senda de dous kilómetros ao carón do mar une Porto Cedeira co centro da vila

Porto Cedeira-centro sendeiro

Redondela conta nun novo paseo saudable dende Porto Cedeira até o centro da vila tras coller o camiño da Portela. Un paseo de 2.000 metros de percorrido, 500 deles entre a zona intermareal e a Portela e os 1.500 restantes desde a Portela ata a Alameda Castelao de Redondela.

Os traballos de acondicionamento consistiron no rozado do camiño e das marxes, a preparación do camiño en si e balizado, a limpeza de cuneta, instalación de paso de auga, pavimentación da senda e instalación de mobiliario. Por outra banda, para divulgar tanto os valores naturais e culturais,

coma os elementos do patrimoino etnográfico e a microtoponimia da zona, incluíronse paneis informativos e interpretativos. No sendeiro poden atoparse elementos etnográficos de interese como lavadoiros e sebes tradicionais. A súa situación, dentro da Rede Natura 2000 e a Enseada de San Simón fan deste roteiro un lugar de gran interese cun percorrido que se integra na paisaxe

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “a situación anterior do camiño de Porto Cedeira facía difícil o seu tránsito, especialmente no tramo máis preto da costa, o que limitaba o seu uso por parte da veciñanza. Agora este trazado xa habilitado, que conta con importantes valores naturais e culturais, pode ser transitado sen dificultade”.

Deste xeito tamén se fomentan as actividades de ocio ao aire libre e o turismo de natureza, para locais e visitantes, favorecendo a interacción das persoas coa natureza dun xeito respectuoso co medio.

O acondicionamento e sinalización do sendeiro Porto Cedeira-Centro foi financiado pola Unión Europea cos fondos NextGeneration.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará