Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Beirarrúas, semáforos e accesos principais reclamacións dos veciños de Chapela

WhatsApp Image 2023-11-09 at 16.03.59

A asemblea dirixida a todos os veciños e colectivos de Chapela para informarlles sobre as obras de reposición da autoestrada AP-9 celebrouse onte no Multiusos do Piñeiral do Crego. Alí, os asistentes aproveitaron para reclamar cuestión puntuais do proxecto que xa está en marcha. Para respostar as preguntas estiveron presentes a alcaldesa, Digna Rivas, así como responsables de Audasa, a empresa concesionaria da autoestrada, e de Civis Global, a construtora adxudicataria das obras.

Os traballos de reposición de viais, que arrincaron hai unha semana na zona do Alto da Encarnación, centraranse na mellora do viario de Chapela e Trasmañó na contorna das obras de ampliación da AP-9. Ampliarase o paso sobre a autoestrada que dá acceso a San Vicente de Trasmañó, renovarase o Camiño Mouriño e realizaranse melloras no Camiño da Igrexa e Rúa Pasán. Sobre esta última zona a veciñanza tiña dúbidas sobre a visibilidade da curva pronunciada que fai a estrada para que permita un tráfico seguro, algo que a técnica da obra considera pode chegar a modificarse no momento oportuno.

Pregunta e resposta

Entre as demandas que xurdiron na xuntanza atópase a instalación dun semáforo para regular o tráfico na Avenida de Redondela á altura do cruzamento coa Estrada do Torreiro, onde tamén solicitaron manter as beirarrúas a ambos os dous lados da rúa. Unha intervención que os técnicos descartaron pola necesidade do total do espazo que ocupa a actual beirarrúa para realizar a cimentación das futuras pantallas redutoras de ruído.

Pregunta e resposta

Noutra das intervencións deixaron claro que o tráfico non vai a estar cortado o tráfico durante a obra e que a xente poderá facer a súa vida con normalidade.

Resposta

Ademais, a alcaldesa quixo deixar claro que o obxectivo da xuntanza non era outro que “falar da realidade e dos feitos que se mostran nos planos do proxecto para que a veciñanza teña toda a información posible sobre as obras”.

O proxecto inclúe a renovación das redes de abastecemento, a iluminación pública e dous parques infantís da zona. As obras contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e o prazo de execución é de 9 meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará