Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os billaristas de Chapela anfitrións da Copa Galicia a 3 bandas

Diseño sin título (1)

O  equipo do Círculo Cultural Recreativo de Chapela, C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo, participa na Copa Galicia de Billar a 3 bandas tempada 23/24, onde vai defender o título de campión galego obtido na tempada 22/23.

A equipa que representou a Chapela na final do ano pasado estaba composta por Adrián Davila, Jorge Hermida, Javier Pérez e Rogelio Fortes. Enfrontáronse ao Billar SD Lalín na última xornada conseguindo desprazar do podio aos Billaristas Errantes gracias á suma da súa puntuación final. Quedaron empatados a 30 puntos cos de Vigo pero valeulles coa diferencia de parciais ao seu favor para quedar campións.

Este ano a competición en Galicia xogarase por grupos, Norte e Sur, encadrados dentro do grupo Sur compiten os equipos de C.C.R. Billar Chapela- Rodavigo, Club Billar Pontevedra, Club Billaristas Errantes (Vigo), Billar S.D. Lalín e Club Billar A Carambola (Chantada/Lugo).

Este sábado día 11, o equipo de C.C.R. Billar Chapela- Rodavigo, enfróntase ao Billar S.D. Lalín. Os xogadores redondeláns serán: Adrián Davila, José Castro, Jorge Hermida e Rogelio Fortes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará