Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Arcade sobre o conflito entre Israel e Palestina a cargo do historiador Duarte Correa

duarte correa

O BNG de Soutomaior organiza esta actividade que se desenvolve hoxe venres ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade. Unha palestra na que se falará do conflito histórico entre Israel e Palestina e a situación que se está a vivir actualmente na franxa de Gaza bombardeada e atacada por Israel. Baixo o título ‘Palestra sobre o conflito palestino-israelí. Paremos o xenocidio!’, o profesor de xeografía e historia e analista internacional Duarte Correa achegará as claves sobre o que está a ocorrer entre Israel e Palestina e cal está a ser o papel da comunidade internacional.

O responsable local do BNG, José Costas, explicou que “nun momento histórico como o que vivimos, no que a desinformación é imperante, compre termos actos coma este que sirvan para crear conciencia crítica. Galiza está desde sempre co pobo palestino e en contra do xenocidio que leva décadas perpetrando o exército de Israel. Actos coma este mostran a solidariedade da veciñanza de Soutomaior co pobo palestino e coa súa causa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará