Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela anima a coñecer o Camiño pola Costa cunha nova andaina

camiño pola costa

A Asociación de veciños de Chapela organiza este sábado día 11 unha xornada de convivencia, deporte e cultura que servirá para reivindicar o Camiño de Costa que atravesa a parroquia. Esta segunda andaina levará aos participantes a percorrer a distancia que separa Santa María de Oia de Baiona. A inscrición debe facerse no teléfono 649376094 e ten un prezo de 22 euros os socios e 24 euros os que non o sexan. Inclúe o traslado en autobús, guía e seguro.
As persoas que desexen participar sairán ás 9:30 horas en autobús dende o Pavillón de Deportes de Chapela para ir ata o Mosteiro de Oia, lugar dende onde partirá este percorrido a pé. Os participantes terán por diante 18,5 quilómetros ata chegar a Baiona. Unha andaina que avanza chán a beira do mar e con excelentes panorámicas. Pasarase por pequenas poboación como Mougás e empregarase un camiño medieval para chegar a Beredo e dende alí á Colexiata de Santa María de Baiona onde remata esta segunda etapa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará