Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Soutomaior recupera a zona azul no centro de Arcade

zona azul

A zona azul comezará a funcionar o vindeiro 23 de outubro e afectará a Estrada de Soutomaior, a rúa Portal do Ribeiro e a Avenida Xosé Solla. A iniciativa de recuperar a regulación horario non suporá ningún custe para os condutores e busca axilizar a rotación do estacionamento durante o horario comercial apra facilitar que os veciños poidan realizar as súas xestión e compras. Regularase mediante un disco horario e o tempo máximo de estacionamento será dunha hora.
A concelleira de Comercio e Hostalaría, Rosana Comesaña, achegouse na tarde do luns aos establecementos locais da Avenida Xosé Solla, a Estrada de Soutomaior e a rúa Portal do Ribeiro para repartir os discos de estacionamento en zona azul. Trátase das zonas recollidas na ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto. O obxectivo do goberno local é que a veciñanza poida recoller directamente nos comercios locais os discos azuis e facer uso deles.
O goberno leva semanas a traballar para habilitar o antes posible a zona azul nestas estradas co pintado e sinalización dos aparcadoiros na Estrada de Soutomaior, na rúa Portal do Ribeiro e na Avenida Xosé Solla (só na marxe esquerda subindo por Xosé Solla cara ao Cruce de Pierres).
Abordouse tamén no pleno ordinario do pasado mes de setembro unha modificación da ordenanza reguladora da zona azul para unificar o período de estacionamento (que será de 60 minutos) e incluír na ordenanza as prazas habilitadas para persoas con mobilidade reducida.
O alcalde Manu Lourenzo subliñou que a zona azul “axudará a desconxestionar o tráfico e mellorar a mobilidade no núcleo urbano de Arcade, estamos a traballar para favorecer o aparcamento nas zonas comerciais, o que a súa vez tamén beneficiará aos establecementos locais e dinamizará a economía de Soutomaior no seu conxunto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará