Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda reclama o compromiso da sociedade e as institucións coa saúde mental

1696940864345

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, a Asociación Lenda está a celebrar uhha xornada festiva e reivindicativa na Praza Alejandro Otero. Baixo o lema da Federación de Saúde Mental Galicia “Saúde Mental, Saúde Mundial, Un dereito Universal” organizan unha serie de actos que continuarán ao longo da tarde. Ao mediodía Patri foi a encargada de ler o manifesto de Lenda no que lembran que “a saúde mental é un dereito inherente á condición humana”

Patricia foi a encargada de ler o manifesto

Entre as reivindicacións de Lenda poñen tamén o foco no dereito á vida, e demandan “campañas de sensibilización e prevención do suicidio no ámbito escolar, universitario e laboral”

Lenda demanda campañas de sensibilización e prevención do suicidio

A asociación demanda “un enfoque global” para o coidado da saúde mental, e sinala que todo o que se faga a favor de mellorar neste ámbito “redundará nunha sociedade con benestar”.

“Saúde Mental, Saúde Mundial, Un dereito Universal”

O acto celebrado esta mañá serviu tamén como presentación do nº 43 da revista A Voz de Lenda, adicada nesta edición á Violencia. Antonio García e Quino foron os encargados de ler a editorial deste número, na que explican que “o responsable da violencia non é necesariamente quen a exerce” e apunta á pobreza, o desemprego ou a falta de oportunidades.

No acto presentouse o último número da revista Lenda

A editorial apunta que sistema capitalista “non pode existir sen violencia” e convida ao lector a pensar nas causas e no por que dos actos violentos.

Na editorial Lenda fala da necesidade de reflexionar sobre os motivos da violencia

Usuarios de Lenda leron tamén algúnhas das poesías publicadas na nova revista. Nito puxo voz a un texto de Gonzalo Rodríguez Bastón, compañeiro de Lenda falecido recentemente ao que dedicou unhas emotivas palabras.

Nito leu o traballo de Gonzalo Rguez. Bastón para a revista, compañeiro falecido recentemente

O seu poema titulado “Violencia é violencia” fala da guerra de Ucraína e do absurdas que son as guerras que só deixan morte e dor.

Nieves, encargada de presentar o acto, deu paso á instalación artística “As árbores do compromiso”, no que usuarios de Lenda, familiares e veciños da vila colgaron mensaxes nas árbores da praza cos compromisos que se precisan para acadar os dereitos universais en Saúde Mental.

A praza Alejandro Otero acolleu a intervención artística “As árbores do compromiso”

Ao longo da tarde, de 16:30 a 19:00 horas, na Praza Alejandro Otero continuarán as actividades acompañadas de música e petiscos para os asistentes.

As árbores da praza Alejandro Otero xa locen as mensaxes cos compromisos que demanda Lenda
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará