Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reposición de viais de Chapela afectados pola AP-9 arrancará este mes de outubro

reunión ap-9

Os traballos centraranse na mellora do viario de Chapela e Trasmañó na contorna das obras de ampliación da AP-9. Ampliarase o paso sobre a autoestrada que da acceso a Trasmañó, renovarase o Camiño Mouriño e realizaranse melloras no Camiño da Igrexa e Rúa Pasán, ademais de renovarse as redes de abastecemento, a iluminación pública e dous parques infantís da zona. As obras contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e o prazo de execución é de 9 meses. Na próxima semana os técnicos informarán nun acto aberto a toda a veciñanza das actuacións a realizar e os prazos previstos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas xunto con representantes de Audasa, da empresa Civil Global e o Ministerio de Fomento reuníronse coa a Asociación de Afectados da AP-9 e as asociacións de veciños de Trasmañó e Chapela para trasladarlle o “inicio inmediato das obras de reposición de viais afectados pola ampliación da autoestrada”. Rivas adiantou tamén que a próxima semana celebrarase en Chapela un acto aberto a toda a veciñanza no que explicarán en detalle en que consistirán esas obras e os prazos previstos.

Os traballos centraranse na reposición e mellora do viario de Chapela e Trasmañó na contorna das obras de ampliación da AP-9, entre os quilómetros 149 e 152. Entre as actuacións contémplase a ampliación do paso sobre a autoestrada que da acceso a San Vicente de Trasmañó e melloras das sendas adxacentes. Instalarase unha estrutura metálica na marxe dereita cunha zona peonil de 1,5 metros de ancho e máis amplitude para o tráfico rodado. Renovarase o saneamento e rehabilitarase o Camiño Mouriño, na marxe esquerda da N-552, baixo a estrutura da autoestrada.

No Camiño da Igrexa e na Rúa Pasán construiranse redes de abastecemento, de pluviais e instalarase nova iluminación pública, renovación de pavimiento da calzada e de dous parques infantís da zona.

Civis Global será a empresa que realizará as obras, que contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses. O proxecto inclúe as necesarias actuación de integración ambiental, estética e paisaxística e é compatible coa instalación das pantallas antirruído nese tramo, proxecto que se está a desenvolver de xeito paralelo.

A rexedora amosou a súa satisfacción porque estas obras comecen xa “de xeito inminente”, e que contemplen “todas as alegacións feitas polos colectivos”, xa que estas melloras e reposicións son “irrenunciables” e desde o Concello “loitouse para que a débeda que o Ministerio ten con Chapela fora resarcida”, afirma Digna Rivas.

A alcaldesa non ocultaba a súa satisfacción ao sinalar que, tal e como quedaba demostrado, “os compromisos que adquire o Goberno de Pedro Sánchez, non quedan en palabras baleiras ou boas intencións, senón que se cumpren”. Quixo Rivas destacar “o incansable traballo e compromiso da Asociación de Veciños de Chapela, da Asociación de Veciños de Trasmañó e da Asociación de Afectados pola AP-9 e que, froito dese traballo conxunto co Goberno de Redondela, agora estamos poñendo punto e final a un problema que afectaba seriamente a calidade de vida da veciñanza da contorna da AP-9”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará