Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada festiva e reivindicativa no Meirande sobre as consecuencias da privatización da sanidade

sanidade

A proxección do documental “Sicko” de Michael Moore será o punto de arranque dunha xornada convocada pola Asemblea pola sanidade pública de Redondela que busca analizar os efectos da privatización da sanidade así como as problemáticas específicas que afectan aos centros de saúde de Redondela e Chapela. A xornada, que inclúe un debate e unha chourizada popular, arrancará ás 17:00 horas do domingo día 8 na contorna do Meirande.

Carlos Ferreira

Carlos Ferreira dende a Asemblea explica que detrás das privatizacións hai un discurso, con intereses económicos concretos, que busca callar na poboación para trasladar a idea de que o sistema privado funciona mellor que o público co obxectivo de desmantelar a sanidade pública. Neste sentido apuntan a falta de facultativos ou a non substitucións dos que se atopan de  baixa, de vacacións ou xubilacións o que provoca longas listas de agarda.

Ana González

A elección do Meirande para celebrar este acto responde a varia cuestións. Un espazo privilexiado, a medio camiño entre Chapela e Redondela, con zona de estacionamento e un lugar no que se poderá gozar dunha chourizada popular que lle imprimirá un “carácter festivo e convivencial”.

A xornada, convocada pola Asemblea pola sanidade pública de Redondela conta coa colaboración de SOS Sanidade Pública, a Asociación Recreativa e Cultural de Rande e o Concello, servirá tamén para presentar una enquisa que busca coñecer as preocupacións, queixas ou percepción da cidadanía respecto a situación da atención primaria. Os datos recollios serán analizados e trasladados á Consellería.

Convidan á veciñanza a achegarse a este acto do domingo que servirá para reflexionar conxuntamente sobre a importancia das mobilizacións que loitan contra o deterioro do sistema sanitario galego comezando pola realidade actual dos Centros de Atención Primaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará