Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela perde unha axuda para a reforma do pavillón de Reboreda

pavillón

O PP acusa ao equipo de goberno de “desidia e ineptitude” xa que aseguran que a Xunta non concedeu esta axuda debido aos erros que contiña a solicitude cursada dende o Concello. Engaden que unha vez finalizada a convocatoria das axudas solicitouse ao concello emendar erros como non ter incorporado a sinatura do secretario, non achegar a memoria explicativa do proxecto e non aportar a documentación de titularidade municipal da instalación pero dende o goberno local “non responderon ao requirimento”.

O Grupo Municipal do PP explica que o 27 de marzo a Secretaría Xeral para o Deporte publicaba a primeira convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. O Concello de Redondela presentábase á mesma para unha mellora do pavimento do Pavillón de Reboreda.

Finalizada a convocatoria se lle solicita unha emenda para solucionar os erros detectados: por un lado no Anexo II non incorporan a sinatura do secretario, tampouco achegan a memoria explicativa do proxecto e non acompañan o documento de titularidade municipal da instalación a reformar.

Para os populares “Isto xa nos parece mais propio dunha comedia que dunha xestión administrativa, pero o peor é que non tiveran a vergoña no tempo requirido de emendar estes erros, deixando morrer os prazos e por tanto a convocatoria.

Nesta primeira convocatoria, explican dende o PP, repartíronse 6 millóns de euros, con 225 axudas para 148 concellos, das que 44 axudas foron concedidas a 30 municipios da provincia de Pontevedra.

Engaden a todo isto que na seguinte convocatoria, do 190 de agosto, “nin presentan solicitude a unhas axudas que contan cun orzamento total de máis de 2 millóns de euros, cun prazo de solicitude que finalizaba o 11 de setembro”.

Conclúe o PP afirmando que “non se poden desaproveitar todos os recursos e ferramentas que o Concello de Redondela ten a súa disposición para mellorar o deporte redondelán, a neglixencia e falta de dedicación non pode converter aos clubs e as instalacións deste concello en prexudicadas. Son moitas as carencias de instalacións deportivas en Redondela e dende a súa chegada ao goberno non se creou ningunha nova instalación deportiva e aínda por riba nin solicitan os fondos para poder investir en novas instalacións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará