Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Non máis nenos tirados nas paradas”, protesta das familias para demandar transporte escolar universal

bus

Foto: Fon Conde

A falta de prazas nos autobuses escolares para dar servizo á rapazada de Bacharelato levou hoxe a comunidade educativa a concentrarse diante do concello. Familias, profesores e representantes de PP, PSOE, AER e BNG participaron nunha protesta que congregou unhas 300 persoas ao berro de “queremos bus”.

As Anpas dos centros do Ies Mendiño, Pedro Floriani, Illa de San Simón e IES Chapela apoiadas pola Federación de Anpas saíron a rúa para reclamar que “á Xunta de Galicia mude a normativa do transporte escolar para que nenos e nenas que cursen estudios na ensinanza non obrigatoria, Bacharelato e educación infantil, teñan dereito a transporte gratuíto para poder completar a súa formación académica e non quedar discriminados”.

Aproveitaron tamén para lembran que non se trata de casos illados ou puntuais “son ducias de rapaces que non poden subir ao aubobús quedando abandonados nas paradas, tendo que chamar aos pais e chegando tarde aos seus respectivos centros educativos”.

Mozos e mozas que non teñen alternativa “non hai transporte escolar nin público, o transporte as parroquias é moi escaso e non se adapta aos horarios das clases”.

Instaban tamén ao concello que “mentres a xunta non asuma a súas competencias e mateterialice este transporte, que dende a administración local se sigan estudando solucións ata atopar unha que garanta que nenos e nenas das escolas unitarias e de infantil e o alumnados de bacharelato e ciclos poidan acudir puntualmente os seus centros e voltar as súas casas aínda que vivan no rural de Redondela”.

Vanessa Pérez Mejuto, presidenta da Anpa do Ies Pedro Floriani era a encargada de ler o manifesto conxunto que remataba cun contundente “mentres a problemática non se resolva, nos seguiremos alzando a nosa voz para que non nos esquezan”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará