Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de billar de Chapela arranca a tempada en Madrid

chapela billar

Un ano máis o Círculo Cultural Recreativo de Chapela contará con representación na Liga nacional de segunda división de Billar 3 bandas, modalidade na que teñen obtivo excelentes resultados nos últimos anos.

Adrián Davila, Antonio Fuentes, Javier Pérez e Rogelio Fortes son os encargados de representar a parroquia e ao concello nunha competición na que deberán medirse aos equipos do Club Billar Alcobendas de Madrid, o tamén madrileños club de Alcalá, o Club Billar Valladolid, o Club Billar R.G.C. Covadonga de Asturias e o Club Billar Chantada de Lugo.

A primeira das citas será este sábado día 7, cando o equipo Chapela- Rodavigo se desprace a Madrid para enfrontarse ao Club Billar Alcobendas co ánimo de arrancar positivamente a tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará