Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inauguración da exposición “A memoria facémola nós inmortal” de Ángel Barros

angel barros

O pintor e restaurador de Redondela, Ángel Barros, presenta unha nova exposición no Multiúsos da Xunqueira con obras que queren denunciar inxustizas, as guerras e as súas consecuencias así como reclamar a protección da memoria histórica ou do patrimonio. Unha exposición que se inaugura este venres ás 19:00 horas, que se pode visitar ata finais de novembro e que o propio Barros dará a coñecer a través de visita guiadas especialmente orientadas aos centros educativos.

“A memoria facémola nós inmortal” pon ao espectador “diante dunha mirada crítica do presente como son a guerra e as súas consecuencias, ademais da protección da memoria histórica e do patrimonio cultural de Redondela”. A partir de obras clásicas de autores coma Velázquez, Rubens ou Goya, o artista convida ao público a que participe co compromiso e tome conciencia sobre aspectos que considera cruciais, como son a memoria histórica, a riqueza de Redondela ou a paz.

Dende o goberno local convidan a veciñanza a achegarse a amosan o seu profundo agradecemento a Ángel Barros tanto pola obra como pola implicación social que mantén e polo compromiso co propio concello a quen o pasado mes de marzo doou parte da súa obra, un total de 150 cadros, valorados en máis de 300.000 euros, e que está previsto que queden expostos no futuro museo etnográfico que se está a construír na Avenida Mendiño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará