Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en demanda do transporte escolar universal

trnasporte2

A Federación de ANPA de Redondela, ademais das asociacións de pais e nais dos institutos de secundaria Pedro Floriani, Mendiño, Illa de San Simón e IES de Chapela convocan na tarde de hoxe, ás 20.00 horas, unha concentración diante da Casa Consistorial de Redondela para protestar polo abandono que sofren no servizo do transporte escolar que está a provocar que alumando destes centros procedentes das parroquias quede sen praza malia non contar cun transporte alternativo.

Os colectivos de pais e os estudantes piden apoio a toda a cidadanía nas súas reivindicacións dun transporte en autobús aos seus centros de estudo. Neste sentido esixen solucións urxentes a esta  problemática e non improvisacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará