Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado un can metido nunha bolsa dentro dun colector do lixo en Cabeiro

can

O animal foi localizado o pasado luns por unha veciña quen escoitou os seus ladridos e deu aviso a policía local quen procedeu ao seu rescate. O can recupérase agora no Centro de Acollida da Deputación (CAAN) e será posto en adopción. Dende a Policía piden a colaboración cidadá  para localizar aos propietarios do animal que se enfrontan a un delito de abandono tal e como está recollido no código penal.

O maltrato animal é un problema que ten múltiples manifestacións. No caso de Redondela nos últimos tempos dende o Concello veñen denunciando a aparición de gatos abandonados que están a seren recollidos pola propia administración dentro da súa campaña de esterilización e adopción. A día de hoxe buscan unha familia para Gali, unha gata nova, moi sociable que foi rescatada cun alto grado de desnutrición. Xa recuperada búscase unha familia que a adopte.

Con todo, o último dos casos de maltrato lévanos ata Cabeiro, lugar onde apareceu un can de medio tamaño metido nun contenedor do lixo. Afortunadamente os ladridos do animal alertaron unha veciña e puido ser rescatado con vida.

Dende o servizo da Policía pídese a colaboración cidadá para quen poida achegar algún dato sobre a procedencia do animal así como a dos seus propietarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará