Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reivindica o Camiño da Costa cunha andaina veciñal

????????????????????????????????????

A Asociación de veciños de Chapela organiza este sábado día 7 unha xornada de convivencia, deporte e cultura que servirá para reivindicar o Camiño de Costa que atravesa a parroquia. A inscrición debe facerse no teléfono 649376094 e ten un prezo de 22 euros os socios e 24 euros os que non o sexan. Inclúe o traslado en autobús, guía e seguro.

As persoas que desexen participar sairán ás 9:30 horas en autobús dende o Pavillón de Deportes de Chapela para ir ata Camposancos en A Guarda, lugar dende onde partirá este percorrido a pé. Os participantes terán por diante 17 quilómetros ata chegar a Santa María de Oia. Unha andaina a carón do Rio Miño ata a súa desembocadura e seguindo despois ata Oia, onde se poderá visitar a vila e o Mosteiro que fai que o Camiño da Costa sexa coñecido tamén como o Monacal. O autobús esperará no quilómetro 11 por se algunhas das persoas participantes non é quen de camiñar máis.

As próximas etapas previstas celebraranse os días 11 de novembro e o 2 de decembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará