Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero convoca aos empresarios causantes dos malos cheiros no polígono de Amoedo

polígono amoedo

O alcalde de Pazos, Luciano Otero manterá unha reunións cos propietarios das empresas que poidan estar detrás desta problemáticas co obxectivo de atopar “unha solución definitiva e colaborativa” e amosa o seu compromiso a “adoptar todas as medidas necesarias para resolver os problemas de malos cheiros no Polígono Empresarial de Amoedo de cara a garantir un entorno máis saudable e sostible para os residentes e as empresas locais”.

Otero traslada ao BNG, formación que días atrás denunciaba os “reiterados malos cheiros provocados por algunha das empresas asentadas no polígono de Amoedo” a súa total sintonía en canto a necesidade de tomar medidas concretas para localizar e erradicar dita problemática que afecta a residentes, empresas e hostaleiros da zona.

Uns problemas de malos cheiros no Parque Empresarial que “non son un fenómeno novo, senón que persistiron ao longo do tempo sen unha solución efectiva por parte do anterior goberno do Partido Popular”.

Deficiencias na depuradora

Na actualidade, o goberno de Alternativa Veciñal está comprometido en resolver tanto os problemas de malos cheiros no Polígono Empresarial de Amoedo como as deficiencias nas depuradoras de augas residuais, que xa conlevaron que o concello recibira multas por parte da Xunta de Galicia con importes de 5000 euros. Neste sentido xa estableceron contactos con diversas empresas do sector especializadas na reparación e no mantemento adecuado das depuradoras existentes. Ademais, está a considerarse a posibilidade de instalar unha nova depuradora para mellorar aínda máis o sistema de tratamento de augas residuais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará