Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denunciado por facer derrapes e conducir borracho polo centro da vila

poli derrape

Axentes da Policía Local de Redondela denunciaban este domingo ao condutor dun vehículo BMW tras dar positivo en alcohol tras ser interceptado na céntrica rúa Ribeira facendo derrapes.

Os feitos producíronse sobre as 2:30 horas da madrugada do domingo e foron varias as chamadas de veciños e residentes da zona que, alarmados polo ruído que facía o vehículo ao circular de xeito temerario pola rúa, chamaron a Policía.

Os axentes procederon a dar o alto ao condutor do vehículo, un veciño de Redondela, que estaba facendo derrapes. O individuo sería tamén sancionado por circular coa ITV caducada dende outubro de 2022. Procedeuse tamén a realizarlle as correspondentes probas de alcoholemia dando positivo nas mesmas.

O mozo enfróntase a unha denuncia por condución temeraria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará