Hoxe é Mércores 22 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vaca elixiu a parcela 1.691

cagada da vaca

O campo de fútbol de Vilar foi o escenario elixido para o concurso “A cagada da vaca” organizado pola comisión de festas de San Bieiro e San Martiño co obxecto de recadar fondos para organizar estas celebracións. A persoa con boleto 1.691, parcela na que a vaca fixo a súa primeira deposición, lévase un premio valorado en 2.000 euros.

A necesidade de conseguir fondos para organizar as festas na parroquia levou aos membros da comisión a poner en marcha esta iniciativa. Así, ademais das colaboracións económicas das administracións e dos veciños, este ano celebran por primeira vez un sorteo moi “enxebre” que tiña lugar este sábado día 9 de setembro no campo de fútbol de Vilar: “a cagada da vaca”. O premio valorado en 2000 euros recaeu naquela persoa que posúa o boleto numerado co número 1.691,  parcela na que a vaca depositou a súa primeira bosta tras ser soltada no campo de fútbol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará