Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae en Portonovo

choco

Portonovo 3-2 CD Choco

Partido intenso o disputado polos de Redondela na súa visita a Portonovo con goles de Iván e Adrián. Malia que todo apuntaba a un empate final, os de Portonovo lograron facerse co partido tras marcar Carlos no minuto 83 o tanto que deixaría o definitivo 3-2 no marcador.

Os dous equipos pelexaron pola vitoria dende o primeiro minuto malia que o conxunto local foi un punto por diante dos redondeláns durante todo o encontro. Unha cita en preferente que arrancou con moito ritmo. Aos 20 minutos era o Portonovo o que se adiantaba no marcador co primeiro tanto a cargo de Felipe. Os de Redondela reaccionaron e cinco minutos máis tarde conseguían a igualada cun tanto de Iván.

Tralo paso polos vestiarios o equipo local lograba un novo tanto na primeira xogada. O choco non se conformaba con ese marcador e a pouco máis de vinte minutos para a conclusión volvían empatar. Todo apuntaba a un empate pero a sete minutos do final Carlos marcaría o tanto da vitoria para o Portonovo.

Na vindeira semana o Choco xogará en Santa Mariña co Cambados.

Primeira autonómica

Umia 2-4 Arcade

O Arcade lograba a vitoria na súa visita ao campo do Umia. Na vindeira semana xogan na casa e recibe ao Caldas.

Segunda Galicia

Cesantes 2-2 Cobres

Reparto de puntos no campo do Cesantes logo de empatar a dous tantos co Cobre.. A próxima cita será no campo do Amanecer

Soutomaior 0-3 Amanecer

Un Amanecer que se impuña claramente ao Soutomaior  cun vitoria por 3 a cero. O Soutomaior visita na vindeira semana o campo do Romay.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará