Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XVII Baixada de Carrilanas de Arcade bate marcas con 60 bólidos

carrilanas

Descenso nunha edición anterior

Soutomaior acolle este sábado, día 2, a 17ª edición da Baixada de Carrilanas, unha cita moi agardada por todos os amantes destas carreiras de descenso de bólidos. Nas semanas previas organizáronse obradoiros para realizar as carrilanas ao estilo tradicional, aos que asistiron veciños de todas as idades. Estes talleres serviron para “quentar motores” e comezar a vivir a que será a festa deste sábado, pero tamén para “facer canteira entre os máis pequenos” como nos explica Bruno Rodríguez, un dos organizadores

Bruno Rodríguez, da asociación Pozovello, amósase moi satisfeito coa boa acollida dos talleres

A cita está organziada pola Asociación Pozovello e o Concello de Soutomaior, e nesta edición batirá todas as marcas de participación, non só en Arcade senón en todas as probas do calendario da Federación de Deportes de Inercia de Galicia. Serán 60 os bólidos que tomen a saída chegados de diferentes puntos como Esteiro, Ferrol, Vigo e tamén Soutomaior e bisbarra. Ao longo da mañá serán os adestramentos no percorrido da carreira en Arcade, entre a Peneda e o barrio da Feixoeira, e as probas comezarán ás 16.30 horas. Os máis rápidos completan este percorrido dun quilómetro en menos dun minuto, con velocidades punta de ata 90 km/h.

A edición deste ano batirá todas as marcas de participación

A Baixada de Carrilanas de Arcade congrega cada vez a máis participantes e máis público, polo que a seguridade é tamén unha das premisas da organización. Rodríguez explica que todo o circuito está sinalizado, con barreiras de neumáticos e pacas de palla nos lugares onde pode haber saídas dos pilotos. Os puntos máis perigosos do circuito teñen prohibida a presenza de público, e desde a organización advirten da importancia de que os asistentes respecten estas medidas de seguridade.

Os organizadores insisten en que o público debe respectar as indicacións de seguridade

As actividades non se limitarán á realización do descenso, e este ano a programación inclúe actividades lúdicas e gastronómicas. Rematas as carreiras e a entrega de premios haberá concertos con Monoulious DOP ás 22.30 horas e o picadiscos Meu Carinho. Tamén haberá postos de comida a cargo de establecementos e asociacións de Soutomaior e unha zona habilitada para os que desexen pernoctar no recinto.

Este ano a programación inclúe actuacións musicais e zona gastronómica
Varias xeracións reuníronse durante semanas nos obradoiros para realizar as carrilanas
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará