Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anaquiños de Chapela busca canteira

Anaquiños

Imaxe de arquivo dun dos conxuntos do Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela

O Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela inicia en setembro un novo curso cos actividades de música e baile tradicional. As clases de baile contan unha escola para rapazada de 4 a 13 anos, un grupo senior de 14 a 40 anos e outro de veteranas para maiores de 40 anos. Tamén ofrecen clases de música tradicional, tanto de iniciación e perfeccionamento, nas especialidades de gaita, percusión e pandeireta. Estas actividades desenvolvense no Multiusos de Chapela os mércores e venres. Todo o alumnado destas actividades intégrase logo no grupo folclórico mediante a participación en actuacións por toda a comarca e o resto de Galicia, ademais de actuacións noutros puntos de España e Portugal. Desde o Grupo Folclórico Anaquiños convidan a todos/as aqueles que gusten do baile, da música e/ou do canto tradicional, que veñan a participar con nós destas actividades, que están abertas a todas as idades. Os/as interesados poden informarse no Multiusos de Chapela ou no teléfono 682 695 736.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará