Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clubs de lectura acollen a actividade “Debuxar Letras”

lettering-1024x708

A moda do “lettering” chega a Redondela. Os socios dos clubs de lectura de Redondela e Chapela poderán participar na actividade de Lettering “Debuxar Letras” impartida por Alba Farto dentro do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. A actividade desenvolverase o venres 22 de setembro ás 20:00 horas, é de balde pero as prazas son limitadas e precisa inscrición previa.

O prazo de inscrición para participar nos clubs de lectura está aberto nas Bibliotecas Municipais de Redondela. As persoas interesadas poden facer xa a súa inscrición tanto na biblioteca Valle-Inclán no multiúsos da Xunqueira como na biblioteca Xela Arias de Chapela, no Piñeiral do Crego.

Nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Redondela as reunións son mensuais, e lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan diversas e variadas. Os participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socios das Bibliotecas Municipais de Redondela, ou de outra biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Participar é de balde, e as bibliotecas proporcionan os libros para cada sesión. As reunións comezarán en outubro e rematarán en xuño de 2024. O horario será ás 20:15 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará