Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior prepara o seu torneo de pádel

padel souto

O Concello de Soutomaior convoca a XIII edición dun torneo que se desenvolverá do 5 ao 12 de agosto nas pistas da Montesiña. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 1 de agosto contactando cas Asociación deportiva de Tenis e pádel da localidade no teléfono 618 37 34 11.

Unha cita deportiva para a primeira quincena de agosto na que poden participar todos os amantes deste deporte tanto en categoría masculina, feminina como mixta. Hai tamén competición para os máis novos, onde se agruparán os xogadores menores de 14 anos. Os partidos disputaranse pola semana en horario de 17:00 a 23:00 horas, mentres que na xornada de sábado e domingo a competición arrancará xa as nove da mañá.

O prezo da inscrición dependendo da categoría oscila entre os 13 ou os 5 euros para os socios do club e empadroados no concello, mentres que o resto dos participantes deberán abonar entre 18 ou 10 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará