Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela achégase ás novidades dixitais aplicables ao sector turístico

turismo redondela

O wairbot é un asistente virtual capa de recoller as comandas dos clientes a través de Whatsapp, o que podería permitir os locais de hosteleria aforrar tempo e atender máis rápido as demandas dos seus usuarios. Unha demostración en directo de cómo funciona este produto formou parte da xornada  de dixitalización do sector turístico organizada pola Asociación de Empresarios e desenvolvida este mércores no Meirande, na que participou o Director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

O Centro de Interpretación da Batalla de Rande acolleu esta xornada informativa dirixida ao sector turístico de Redondela, na que se abordou polo miúdo a subvención impulsada pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo mellorar a competitividade e a innovación das empresas turísticas mediante a incorporación de novas tecnoloxías.

Entre as actuacións subvencionables atópanse a implantación de sistemas de xestión, a seguridade dos datos, o uso de Big Data e intelixencia artificial, a adquisición de equipamento tecnolóxico (ata un 10% do investimento) e a creación e comercialización dun produto turístico vinculado ao destino Galicia.

A xornada contou con expertos en dixitalización e representantes do sector, que expuxeron as vantaxes e os requisitos para acceder a esta axuda. Ademáis da participación de Xosé Manuel Merelles, director de turismo de Galicia, María Rita Pérez Táboas, concelleira de turismo de Redondela e Antonio Cabaleiro Covelo, concelleiro de novas tecnoloxías.

Ao finalizar o acto, realizouse un network onde os asistentes puideron intercambiar opinións e resolver dúbidas nun espazo privilexiado .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará