Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arde un vehículo en Vilar

coche ardendo

O coche quedou completamente calcinado malia os intentos do seu propietario nun primeiro momento por apagar o lume que finalmente sería sufocado polo servizo de extinción do Ges de Mos. Foi precisa tamén a intervención dos axentes da Policía Local de Redondela.

Os feitos tiveron lugar ao redor das 9:30 horas da tarde noite cando o propietario do vehículo, tras pouco despois de chegar a súa vivenda, escoitou unha pequena explosión e observou que o seu turismo, un Citroën Xsara estacionado na leira dunha vivenda unifamiliar en Vilar de Infesta comezara a arder.  Os axentes da policía local deprazáronse ao lugar tras seren alertados polo 112 Galicia e unha vez alí atopáronse ao propietario tentando sufocar o lume que se orixinara no motor do vehículo. Finalmente tivo que intervir o Ges de Mos para apagar o incendio.

Malia que non hai que lamentar danos persoais, o vehículo quedou completamente calcinado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará