Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un motorista grave e outro leve en dous accidentes en Redondela

accidente mendiño

Paso de peóns na Avenida Mediño no que tivo lugar o accidente este luns

Xornada a deste luns tráxica no concello. Logo do falecemento do condutor dunha grúa que tiña lugar a primeira hora da mañá nas inmediacións do taller de Quintela debido a un fatal accidente laboral, practicamente á mesma altura producíase outro accidente ás 21:20 horas da noite tras colidir unha moto e un tráiler resultando ferido moi grave o motorista quen foi trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro. Un hora despois tiña lugar outro sinistro, neste caso na Avenida Mendiño, onde resultaba ferido leve o condutor doutra motocicleta que estaba parado nun paso de peóns.

A N-550 a altura do Tanatorio, é dicir, na parroquia de Quintela, volvía ser un punto negro na tarde noite de onte cando, segundo información da Policía Local, se producía alí un accidente de tráfico no que se viron implicados unha moto e un camión. O sinistro tiña lugar as 21:20 horas e o condutor da moto foi trasladado en estado “moi grave” ao hospital Alvaro Cunqueiro, facéndose cargo das dilixencias os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Case unha hora despois, ás 22:15 tiña lugar outro accidente neste caso na Avenida Mendiño. Un motoristas resultaba ferido leve ao ser alcanzado por detrás por un turismo cando se atopaba parado á altura dun paso de peóns. Todo apunt a que o condutor do vehículo, un Citroën Polo, estaba saudando a outra persoa que ía pola beirarrúas sen decatarse de que a moto se detiña no paso de peóns. Un despiste que provocaba este accidente por alcance resultado ferido leve o condutor da moto, un mozo de 30 anos veciño de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará