Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversión e éxitos para o balonmán redondelán no Paredes Cup

CHOQUEIRA-MELLOR

Uns douscentos nenos e nenas de Redondela participaron no torneo internacional que cada ano se celebra en Portugal. O Paredes Cup é xa unha cita consolidada no calendario estival para os amantes do balonmán. Xogadores da base dos clubs SAR e Choqueiras asisitiron a este evento deportivo, onde ademais de gozar do deporte, a diversión e a convivencia, trouxeron para Redondela importantes éxitos. A xogadora Adriana Bouzon, da categoría Infantil das Choqueiras, acadou o premio a maior goleadora Sub 14, e o equipo Alevín do mesmo club rematou o torneo no 3º posto. En canto á SAR o equipo de veteranas as Sarillas proclamouse subcampión, logo de perder a final por un axustado 9-8. Todo un éxito para o balonmán redondelán neste evento deportivo e festivo que reúne a xogadores procedentes de Alemaña, Austria, España, Eslovenia, Francia, Xapón e Portugal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará