Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os raios de Redondela” fan historia ao clasificarse para a Olimpiada científica internacional de Tailandia

os raisos de redondela

O equipo integrado por Carla Acosta, David Lago e Rubén Lago, alumnos do IES Illa de San Simón xa obtivera a mellor puntuación de toda Galicia de entre os 583 equipos que se presentaron á fase autonómica, posición que lles permitiu facerse un oco na fase estatal celebrada este mes de xullo. Os seus bos resultados nunhas probas nas que participaron 18 equipos garanten que terán praza na fase internacional, que se celebrará en Tailandia en decembro.

O camiño ata lograr ese recoñecemento non foi doado. Durante catro días tiveron que enfrontarse a diferentes probas tanto individuais como en equipo que serviron para medir o seu nivel en materias como matemáticas, física, química, bioloxía e xeoloxía.

Explican que as probas ás que se enfrontaron foron complexas “máis de lóxica que de cálculo”, con exames tipo test e problemas “macro”. Poñíannos algún exemplo.

Estiman que serán ao redor de 60 os equipos cos que terán que enfrontarse na olimpiada internacional. Non teñen dúbida de que os asiáticos son os rivais a bater porque “sempre gañan países como Indonesia, Taiwan, Xapón…”

Ao longo das distintas fases estes mozos e moza tamén van facéndose unha idea de por onde pode ir o seu futuro académico e profesional xa que van definindo as súas preferencias entre as distintas disciplicas o que lles permite coñecer cales se adaptan máis as sáus capacidades.

Agora xa están a pensar nesa cita que terá lugar do 1 ao 10 de decembro de 2023, e está previsto que sexa organizada pola Universidade Srinakharinwirot en Bangkok (Tailandia) con formato presencial. Confían en que non haxa problemas para financiar a súa presenza nesas probas porque a estas alturas non está moi claro como se subvencionarán eses gastos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará