Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reábrese ao baño a praia de Arealonga

praia arealonga

As últimas análises realizadas pola Consellería de Sanidade determinan que a auga é apta para o baño e dáse por pechado o episodio de contaminación que obrigada a desaconsellar o baño neste areal de Chapela.

Os usuarios da praia de Chapela poden volver mergullarse nas augas deste céntrico areal. Na xornada de hoxe a Concellería de Medio Ambiente reabría ao baño esta praia tras recibir a comunicación da Consellería de Sanidade co resultado das últimas análises, con auga recollida este martes día 13, cuns parámetros que determinan que a auga é apta para o baño.

Lembramos que a analítica correspondente ao domingo detectara restos de orixe fecal, concretamente determinaban a existencia de contaminación microbiolóxica en valores superiores aos aceptables en dous parámetros, tanto en exceso de enterococos intestinais como en Escherichia coli. Por este motivo, onte colgábase un cartel no que se sublíñase que non era recomendable o baño.

A rápida recuperación da auga apunta a que a contaminación detectada na fin de semana fora froito dun vertido puntual, segundo subliñou o edil de Medio Ambiente, Alberto Álvarez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará