Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera, de alcalde de Soutomaior a delegado da Xunta en Pontevedra

agustín reguera mitin

Os resultados nas eleccións municipais deixaron ao PP de Soutomaior sen maioría absoluta polo que o actual alcalde en funcións deberá abandonar este cargo que ostentou durante 28 anos. Con todo, o seu partido premia esa longa traxectoria e na xornada de onte coñecíase a decisión do Consello da Xunta de nomealo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, substituíndo no cargo a Luís López, que pasará a ocupar a presidencia da Deputación.

Logo de gobernar con maioría absoluta en Soutomaior dende o ano 1995. Reguera perdeu as pasadas eleccións ao ser superado en votos polo BNG malia obter os dous partidos sete representantes. Con todo, os nacionalistas aseguráronse a alcaldía, que a partir do sábado ocupa´ra Manu Lourenzo, tras contar o apoio da socialista Silvia Cernadas, quen pasará a formar parte tamén do goberno.

Reguera ten ocupado ao longo da súa carreira política diferentes cargos como deputado provincial, membro do consello asesor de RTVE en Galicia ou presidente da Axencia de Desenvolvemento rural Vigo-Baixo Miño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará