Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Paseos sonoros” unha iniciativa do Pedro Floriani para afondar no pasado industrial de Redondela

paseos sonoros

Xiana Álvarez, David Carrera, iago Carballo e Alba Pérez na súa entrevista na Radio Municipal

Alumnado do IES Pedro Floriani inicia este venres unha proposta que busca dar a coñecer a pegada que a fábrica de Regojo deixou en Redondela. Unha pegada que se poderá escoitar grazas a unha serie de audios que prepararon logo de falar con familiares que traballaran nesa industria e identificar diferentes lugares que dalgún xeito están vinculado coa empresa téxtil.

A iniciativa parte dende o profesorado de historia cando se lles propoñen ao alumnado de 4 da ESO investigar sobre a factoría de Regojo e sobre todo o que implicou para Redondela. O profesor Paulo Jablonski explica quen estes paseos sonoros permitirán “poñer audio, letra e música a Redondela a través da experiencia de Regojo”, uns audios que estarán a disposición de quen o desexe para que poidan facer un roteiro pola vila coñecendo historias, anécdotas e acontecementos ao redor desta factoría

Paulo Jablonski, profesor

Un percorrido por Redondela con diferentes paradas nas que van coñecendo lugares que por diversos motivos están vinculados coa historia de Regojo como poida ser a chiminea que é o único vestixio físico que queda do que foi a fábrica, o scalextric e a zona que rodea ao conservatorio lugar no que se produciron as cargas policiais contra as traballadoras que se manifestaban contra o peche da empresa, a praza de Abastos ou outros lugares que por diversos motivos estaban relacionados cos traballadores e traballadores.

Unha iniciativa que xa serviu, como pouco, para que este alumnado coñeza un pasado que marcou a moitas persoas e, en xeral, a toda a vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará