Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As festas da Coca volven vencer ao mal tempo

coca redondela

A Danza das Espadas e as Penlas volveron congregar no centro da vila a milleiros de persoas que, malia a ameaza de chuvia, achegáronse a praza da Casa da Torre e a praza da Constitución para gozar dunha das tradicións máis arraigadas en Redondela. Uns danzantes que previamente percorreron en procesión as rúas ataviadas coas alfombras florais que resistiron a unha madrugada pasada por auga grazas ao esforzo titánico das alfombristas. A festa continuará hoxe coa noite máis rockeira que inclúe o concerto de Obús no Campo da Feira.

Un dos actos máis emotivos deste inicio das Festas da Coca foi a despedida de Sonia Carrera quen era relevada no posto de Burra por Miriam Villar. Emocionada ata as bágoas amosaba o seu orgullo por todos os anos que participou da Danza das Espadas e as Penlas “esta tradición lévase tan dentro que custa poder arrancala, grazas Redondela por deixarme formar parte dunha tradición única no mundo”

Unha emocionada Burra dicía adeus logo de 13 anos exercendo este papel fundamental nas Festas da Coca. Logo de dar as grazas as súas compañeiras, a todas esas penliñas que pasaron polos seus ombreiros así como a Margot Araujo “que aínda que hoxe non esta presente levámola con nós todos estes anos e foi quen me ensinou todo desta tradición”

Despedíase lembrando que a Danza das Espadas e as penlas non é un baile “é un sentimento que se leva por dentro e, hoxe máis que nunca, síntome Burra e énchome de ledicia e orgullo por dicir esta palabra”.

Un inicio das festas que se trasladou ao interior do Multiúsos da Xunqueira debido ás chuvias que de xeito intermitente caeron no centro da vila. Nese auditorio As Sarillas foron as encargadas de ler o pregón e dar o pistoletazo a unhas festas que onte xoves vivirán o seu día grande.

Hoxe as actividades previstas tamén se desenvolverán baixo cuberto. Así, o balonmán na rúa trasládase ao pavillón da bomboneira, con partidos dende as cinco ata as nove da noite. Con todo, a cita máis salientable nesta xornada será no campo da feira coa música rock a partir das nove da noite. Concertos do grupo local RMS, Los Motores, Sínkope e, para pechar a xornada xa de madrugada, actuación dos míticos Obús.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará