Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rodri Vegas propón un festival de electrónica en Redondela para a mocidade

FOTO 5

O DJ redondelán actúa este sábado no marco das Festas da Coca a partir das 2:30h no Campo da Feira. Con 20 anos de experiencia e longo percorrido a nivel internacional considera importante desenvolver a escena da música electrónica en Galicia pola demanda en auxe deste xénero entre a mocidade. 

Galardoado co Premio Maelok dos 40 PRINCIPAIS a mellor Produtor do 2021 e con 20 anos de carreira móstrase moi ilusionado por participar o sábado na Festa da Coca. Sorprendeulle a noticia porque considera que “é un día multitudinario e importante para o municipio”. Non se esquece de nomear os seus compañeiros de oficio con quenes querría poder compartir escenario.

Chegou a visitar Ámsterdam no Dance Event , Miami no Winter Conference ou o OFF SONAR en Barcelona, entre moitos outros escenarios, pero para o artista os lugares máis complicados onde pinchou ata o de agora son Redondela e Ponteareas, porque “a xente de aquí ten moita cultura musical e  coñece moitos xéneros distintos. O noso municipio é un lugar onde conflúe un abano moi amplo de idades nunha mesma festa”.

En 2022 decide crear o seu propio selo discográfico xunto ao vigués Dani Villa chamado «ANAIA» alcanzando, co seu primeiro lanzamento, un TOP 7 nun dos principais portais de venda dixital. Durante a pandemia apostou pola súa propia empresa nun momento en que o seu traballo estaba paralizado polas restricións sanitarias.

É consciente do talento é o gran número de artistas que hai en Redondela e considera moi importante apoialos, sobre todo aqueles que están emerxendo. Por todo isto considera necesario  “loitar por un festival de electrónica para  xuventude onde poidan convivir os distintos talentos que temos en Redondela”.

Pisa forte na escena nacional e teremos a oportunidade de volvelo a escoitar en Redondela o sábado 10 de xuño no Campo da Feira dentro do Programa das Festas da Coca 2023.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará