Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER confirma un preacordo para investir a Rivas e solicita as competencias de Vías e obras para entrar no goberno

negociación

Equipas negociadoras de PSOE e AER

En cuestión de tres días as dúas formacións políticas pasaron de posicionamentos que parecían irreconciliables a achegar posturas que apuntan non só a un acordo de investidura, senón tamén a un posible pacto de goberno. Así, a reunión celebrada na tarde de hoxe rematou cun “preacordo entre PSOE e AER” en palabras de Cuni Orge quen asegura que “na parte programática hai moi boa sintonía con acordos en cuestións tales como as peonalizacións ou  temas medioambientais”. A Agrupación de Electores aceptaría ademais entrar no goberno “asumindo unha nova concellería que se chamaría Infraestruturas e sustentabilidade”.

Mentres o PSOE prefire gardar silencio en torno a unhas negociacións que se retomarán o vindeiro venres, dende AER entenden que logo da xuntanza de hoxe non debería haber problema para chegar a un pacto de goberno. De feito, agradecen a xenerosidade dos socialistas de cara a chegar a un entendemento que na parte programática está practicamente resolto. Neste sentido explica Orge que o encontro foi absoluto en cuestións como avanzar na peonalización de diferentes rúas de Redondela, instalar puntos limpos e traballar no posible financiamento do tanque de treboadas, ordenar os furanchos e regular, na medida do posible, os aloxamentos turísticos.

Adianta tamén o voceiro de AER que no caso de concretarse este preacordo, o concelleiro Roberto Villar, asumirá as competencias de vías e obras, saneamento, alumeado público e recollida de residuos que estarían reunidas baixo unha nova concellería que pasaría a chamarse “infraestruturas e sustentabilidade”.

Tamén sobre a mesa estarían outros compromisos como “dotar do persoal e dos medios necesarios o actual Servizo de Emerxencias (SEIS) de Redondela e negociar un convenio cos Bombeiros de Vigo.

Punto máis polémico

A boa sintonía que se vive estes días entre ambas formacións non supón, con todo, que AER confíe plenamente na actual alcaldesa en funcións “non podemos esquecer que nos retirou as competencias cando estabamos no goberno, por iso esiximos un compromiso por escrito pola súa parte”. Este compromiso traduciríase nun “documento ante notario no que se recolla que a alcaldesa tería que doar 100.000 euros a unha ONG no caso de que incumpra os seus compromisos en cuestións que dependan exclusivamente da súa vontade”.

BNG

A formación nacionalista mantense estes días nun discreto segundo plano, malia que os votos dos tres concelleiros do BNG son fundamentais para a investidura de Rivas. Unha investidura que non dubidarán en apoiar pero, polo de agora, prefiren non entrar no debate sobre si entrarían ou non nun futuro goberno bipartito ou tripartito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará