Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sonia Carrera, orgullo de ser Burra

burras

Un dos actos máis emotivos deste inicio das Festas da Coca foi a despedida de Sonia Carrera quen era relevada no posto de Burra por Miriam Villar. Emocionada ata as bágoas amosaba o seu orgullo por todos os anos que participou da Danza das Espadas e as Penlas “esta tradición lévase tan dentro que custa poder arrancala, grazas Redondela por deixarme formar parte dunha tradición única no mundo”

Unha emocionada Burra dicía adeus logo de 13 anos exercendo este papel fundamental nas Festas da Coca. Logo de dar as grazas as súas compañeiras, a todas esas penliñas que pasaron polos seus ombreiros así como a Margot Araujo “que aínda que hoxe non esta presente levámola con nós todos estes anos e foi quen me ensinou todo desta tradición”, despedíase lembrando que a Danza das Espadas e as penlas non é un baile “é un sentimento que se leva por dentro e, hoxe máis que nunca, síntome Burra e énchome de ledicia e orgullo por dicir esta palabra”.

Sonia Carrera

Un inicio das festas que se trasladou ao interior do Multiúsos da Xunqueira debido ás chuvias que de xeito intermitente caeron no centro da vila. Nese auditorio As Sarillas foron as encargadas de ler o pregón e dar o pistoletazo a unhas festas que mañá xoves vivirán o seu día grande.

Mañá xoves ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Airiños de San Simón. Logo da Misa na Igrexa de Santiago celebrarase a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, sempre e cando o tempo o permita, acompañada pola Banda de Música de Redondela. Deseguido o baile da Danza das Espadas e das Penlas sobre as 13:00 horas, primeiro na praza da Casa da Torre e a continuación na praza da Constitución. Un xoves, día grande da Coca que culminará cun concerto da orquestra Saudade no Campo da Feira ás 22:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará