O alumnado dos Institutos Mendiño e Pedro Floriani de Redondela así como do instituto de Chapela contou por primeira vez cun autobús facilitado dende o Concello para se desprazar ás instalacións do CUVI, onde hoxe mesmo comezaron as probas da Abau. En total son un cento de rapaces e rapazas os que farán uso dos dous autobuses que faran o traxecto dende o centro da vila e dende a parroquia de Chapela. A Anpa do Mendiño amosou a súa satisfacción e agradecemento porque se ofrecera este servizo ao alumnado.
Na xonrada de hoxe arrancaron os exames da ABAU en Galicia nos que hai matriculados case 13.000 estudantes. Concretamente son un total de 12.788 estudantes galegos os que participarán entre este martes e este xoves na convocatoria ordinaria da Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade.
No caso de redondela, neste ano a rapazada contará cun autobús para se desprazar ao CUVI, lugar no que se desenvolven as probas. O goberno local responde así a unha petición das ANPAS que dende hai anos reclamaban este servizo que facilita o acceso do alumnado e favorece a conciliación familiar ao non ter os pais e nais que trasladar aos rapaces ao cuvi.