Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro e podscast para contar a historia das “mulleres do téxtil” de Redondela

as mullres do téxtil

A historia de Redondela non se entende sen a fábrica de Regojo. Diferentes xeracións, sobre todo mulleres, pasaron por esas instalacións que aínda se lembran físicamente con esa chiminea que atopamos na zona do Salgueiral. Detrás desa fábrica hai tamén moitas historias que o proxecto “As mulleres do textil” busca recuperar. Logo dun intenso traballo de documentación preparan xa unha obra de teatro que verá a luz os días 1 e 2 de xullo no Multiúsos da Xunqueira. En paralelo, durante os venres de xuño emitirase na Radio Municipal de Redondela un total de catro posdcats que serven para coñecer que foi Regojo, os seus inicos, auxe e caída da antiga industria téxtil.

A iniciativa naceu da man de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño co obxecto de recoller as vivencias de todas esas mulleres que formaron parte dunha empresa de tanto renome no seu día como foi Regojo. Logo de manter varias xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións o seguinte paso no que están a traballar e en converter esa información nunha obra de teatro que se estreará os vindeiros 1 e 2 de xullo no Multiùsos da Xunqueira.

Roberto Casal Mouriño

Unha obra centrada nos últimos días de Regojo, cando xa as traballadoras desconfiaban de que a empresa ía a pique.

Un total de dez actrices daranlle vida a esas mulleres a través de diferentes esceas nas que interpretarán as vivencias, anécdotas e experiencias desas traballadoras. Historia viva que representarán diante das protagonistas reais, o que conleva un chanzo máis de responsablidade.

Cristina Fernández

Con todo, para contextualizar e dar a coñecer o que foi e a relevancia que tivo Regojo en Redondela, decidiron tamén elaborar unha serie de catro audios a partir da documentación existente en torno a esta industria e tamén en base as 14 horas de gravacións das que disponen desas mulleres que pasaron pola fábrica. Uns podscats “cargados de contidos que se ensamblan dun xeito ameno para que todo o mundo poida achegarse a relevancia desta empresa que foi un referente a nivel nacional e internacional e que conlevou cambios moi significativos en todas esas mulleres que traballaron nesa industria.

Os podscast emitiranse os venres 9, 16, 23 e 30 de xuño dentro do programa A Estación da Radio Municipal e poderanse escoitar tamén na páxina web www.radioredondela.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará