Hoxe é Sábado 30 de Setembro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco aposta por un Campamento de Verán multideporte

291687877_378845977567510_8190926317993704358_n

Xa está aberto o prazo de Inscrición para o Campus de Verán do C.D.Choco que se caracteriza por ser un campus multideporte no que os rapaces e rapazas, entre 3 e 14 anos, poderán gozar durante o mes de xullo de actividades na natureza, apostando polo patrimonio do municipio e vinculadas a distintos deportes.

Ademais do fútbol as xornadas tamén incluirán xogos con baloncesto, tenis ou balonmán e sorpresas entre as que destacan: unha visita a Illa de San Simón, visitas á Praia de Cesantes ou viaxes no tren turístico do municipio.

O horario é de mañá para facilitar a conciliación familiar na época de vacacións escolares. Concretamente é de 9:00h a 14:00h con división de grupos por idade. O prezo varía en función do número de xornadas que escollas, tendo como opción  15 días por 160 e 30 días por 300 euros. En caos de ser xogador do club inclúese unha rebaixa na cota.

O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir prazas e para máis información está dispoñible o número de teléfono 607 348 071.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará