Hoxe é Sábado 30 de Setembro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER abre a porta a negociar un goberno con Digna Rivas

cuni

O voceiro da Agrupación de Electores, Cuni Orge afirma que “estamos dispostos a mudar de opinión e aceptar un goberno de Digna Rivas pero terá que ser a cambio dunha proposta por parte do partido socialista que sexa proporcional ao sacrificio que a nós nos suporía dar o noso apoio a actual alcaldesa en funcións”. As reunións de cara a formar un goberno alternativo ao PP continuarán mañá mércores cunha xuntanza prevista para as 18:30 horas. AER adianta que “se o PSOE non nos traer unha oferta concreta, nós poremos unha sobre a mesa”.

“Moderado optimismo” o que se respira tanto en AER como no PSOE logo da primeira reunión celebrada na tarde de onte na sede dos socialistas. María Castro, Iván Valles e Rita Couñago do PSOE e Cuni Orge, Roberto Villar e Daniel Boullosa por AER foron os encargados de iniciar unhas conversas que buscan facilitar un goberno alternativo ao PP en Redondela.

Malia que o posible acordo está lonxe, dende AER amosan a súa disponibilidade a levantar o veto que impuxeran nun primeiro momento, é dicir, estarían dispostos a aceptar que Digna Rivas seguirá na alcaldía sempre e cando dende o PSOE poñan sobre a mesa “algunha oferta atractiva que beneficie a veciñanza de Redondela” e aclaran que en ningún caso buscan “beneficios persoais”.

Con todo, Orge opta por non concretar cal sería a oferta definitiva que decantaría a balanza e adianta que confían en que na reunión deste mércores o PSOE chegue cos deberes feitos e con propostas concretas “en caso contrario, seremos nós quen poremos unha sobre a mesa”.

Os socialistas prefiren gardar silencio malia que non ocultan a súa satisfacción polo xiro dos acontecementos e confirman que seguirán as negociacións tanto con AER como co BNG de cara a tentar formar un goberno de esquerdas en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará