Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CCD Cesantes celebra o 40 aniversario coa presentación da súa primeira traiñeira sénior feminina

350006297_1400709847354087_7260374446213157080_n

O CCD Cesantes presenta este venres 2 de xuño ás 19:00h ás embarcacións sénior do club na Praza de Ponteareas. Por primeira vez saca unha traiñeira  feminina e unha masculina para competir na Liga Galega de Traiñeiras.

Esta nova coincide co 40 aniversario do club e celebrano facendo historia coa primeira traiñeira feminina. Está formada pola canteira e foi posible gracias ao apoio da directiva do club e a colaboración de Felipe Silva como adestrador.

Segundo Ana Hermida, “esta foi una iniciativa complicada que levou moito tempo e traballo porque “non é sinxelo xuntar as remeiras suficientes, sobre todo nunha embarcación nova e sen experiencia”. A directiva deixa claro que afrontan o reto “con ilusión e dende a filosofía do compañerismo, a paixón polo mar e a defensa da participación feminina neste tipo de deportes”.

A Praza de Ponteareas acollerá ás 19:00h a directiva do club CCD Cesantes-Rodavigo, aos remeiros e remeiras de todas as embarcacións, os nenos e nenas das categorías inferiores e as familias para ofrecer un espazo de conversa para as persoas interesadas e presentar “con orgullo” a súa nova embarcación feminina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará