Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Carolina Sertal gañadora dun dos premios “Mulleres que opinan”

carolina

Os artigos “As voces perdidas” de Carolina Sertal e “La ventaja de ser mujer” de Carmen González acadan os galardóns de xornalismo de opinión en galego e castelán convocados pola Deputación e o Concello de Pontevedra, dotados con 1.000 euros cada un.
Os premios “Mulleres que Opinan”, convocados pola Deputación e o Concello de Pontevedra ao abeiro do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas” e que buscan promover o exercicio da opinión xornalística e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres opinadoras, xa teñen gañadoras. Carolina Sertal Souto, co artigo “As voces perdidas”, e Carmen González Magdaleno, con “La ventaja de ser mujer”, acadaron estes galardóns nas modalidades de escrita en galego e castelán, dotados con 1.000 euros cada un, nesta súa primeira edición.
O xurado recoñeceu a calidade dos artigos premiados, en cuxos textos acreditan, como sinalaban as bases, ter asistido ao foro e terse inspirado nel para escribir opinión. Amais da dotación económica ambos os dous textos van ser publicados nos principais xornais da provincia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará