Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Festas da Coca apostan por un pregón feminista e deportivo coas Sarillas

WhatsApp Image 2023-06-01 at 13.27.48

A lectura do pregón da inicio as Festas da Coca de Redondela e este ano está a cargo do equipo de veteranas de balonmán Sarillas da SAR. Este grupo de mulleres representarán o 7 de xuño a Redondela mesturando deporte e feminismo coa tradición e a lenda do municipio.

Considéranse mulleres fortes e están “moi orgullosas de comezar a aventura das Sarillas fai 12 anos”, unha iniciativa pioneira en Redondela que hoxe lévalles a representar ao municipio na súas festas tradicionais e de interese turístico para Galicia. Confesan que “foi unha sorpresa moi grande e que non esperaban ter a oportunidade”, pero que van a tomarse o reto “moi en serio” para dar a coñecer a causa solidaria á que están vencelladas.

Comezaron hai máis dunha década cunha “paixón infinita polo deporte” e queren deixar claro que  “a idade non importa”. A súa mensaxe feminista ten como obxectivo que tódalas mulleres do pobo  continúen coa actividade pola que teñan máis paixón”, porque  para elas “a  idade é unha aptitude e van seguir competindo mentres as pernas aguanten”.

Este ano teñen como obxectivo recadar cartos para Agalea, a asociación contra a Ela de Galicia, a través da venda de rifas e no marco da celebración do I Torneo Veteranas de Redondela que terá lugar o 17 de xuño no pavillón da Bomboneira. Dende o equipo, sinalan que “foi un ano moi produtivo e cheo de sorpresas”, porque ademais de participar en torneos por toda España “teñen a oportunidade de celebrar o I Torneo Veteranas de Redondela e ser as pregoeiras da Festa da Coca”.

Agradecen a colaboración e o apoio do Concello de Redondela, os comerciantes, a SAR, a Carla Abad da Federación Galega de Balonmán, a asociación Agaela e fan mención especial aos conserxes Manuel e Ricardo do pavillón onde adestran por “aguantar o necesario horario de noite dos adestramentos para que poidan conciliar o deporte coa vida familiar e o traballo”.

O acto inaugural das Festas da Coca 2023 terá lugar o mércores 7 de xuño ás 20 horas coa lectura do pregón na praza do Concello a cargo das SARILLAS. Seguido do acto solemne do Relevo de Burras a  Homenaxe ás e aos alfombristas e odanzante da Danza de Espadas Rubén González Alfonso para rematar co acendido da iluminación da festa. Ese día comeza a elaboración de alfombras florais, o desfile de Xigantes e Cabezudos e para rematar o día haberá concerto no Campo da Feira da orquestra  América.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará