Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bia Ferreira, Eskorzo e “Francisco, el hombre” cabezas de cartel do festival Millo Verde

millov verde

Brazil Love Affair son os encargados de dar o pistoletazo de saída esta mesma tarde a XVI edición dun festival que se prolongará durante tres días na Praia de Cesantes. Un intenso programa que chega con novidades, xa que por vez primeira os organizadores cobrarán entrada para os concertos de venres e sábado “para facer fronte aos elevados gastos que supón a organización dun festival destas características”. En todo caso, prezos populares con entradas a 13 euros día e 24 euros para as dúas xornadas. Hoxe a entrada será de balde.

Lucía Barreiro Ramonet, Asociación Millo Verde

O evento arranca hoxe coas actuacións de Brazil Love Affair, Angry Zeta, Grima e Leopard Davinci.
Un programa que quere ser ecléctico e onde hai cabida a estilos tan diversos como “punk, cumbia, folk, rock, countri… un pouco de todo”. Entre os platos fortes destacan a brasileira Bia Ferreira, unha cantante, compositora e activista brasileira que achegará música con ritmos como a samba, o soul, o R&B, o reggae ou os tamén brasileiros “Francisco, el hombre” que están a celebrar o seu décimo aniversario cunha xira internacional e na que fan parada en Redondela.
No ámbito máis próximo grupos como Eskorzo, banda que se atopa entre as máis consolidadas da música alternativa española ou Rebeliom do inframundo, a día de hoxe o máximo expoñente de rap galego a nivel estatal, cuns directos nos que combinan hip-hop, electrónica, folk tradicional e punk,

Dous grupos, Rebeliom do Inframundo e Eskorzo, que actuarán o venres xunto a The Fat Badgers, Legiana Collective, Xenderal, Vértebras e DJ Fermo.
O sábado, día grande, as actividades arrancarán xa pola mañá coa sesión vermú aberta a todo o mundo e as actividades orientadas ao público familiar entre as que se inclúen obradoiros de cometas a cargo da Asociación Artelixo e un Obradoiro de chapas coa Asociación Feminista Paxaretas. Xa pola tarde haberá animación de rúa con “Peter Punk”.

Xa en horario nocturno e ata a madrugada o recinto do festival recibirá aos grupo Francisco, el Hombre, Trikosis, Bia Ferreira, Zeltia Irevire, Chekan, Treinteañeras cañeras, Superoito, Jay-Roon & The Smooking Machines, Peter Punk, Trópico de Grelos e Brigada Sound.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará