Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro no Multiúsos de Chapela con “Disparos de luz”

xaruma

O grupo de teatro inclusivo Xanela estreará  “Disparos de luz” o próximo venres 2 de xuño ás 19:30 horas no Multiúsos de Chapela (Piñeiral do Crego) con entrada de balde. Esta obras é froito dun proxecto de teatro comunitario entre a Asociación Xaruma, o IES de Chapela e a ESAD.

A iniciativa conta coa colaboración dun total de máis de corenta persoas das tres entidades participantes: persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a inclusión social de persoas con trastornos mentais, alumnado e profesorado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e Integración social do IES de Chapela, e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg).

“Disparos de luz”, dirixida polo dramaturgo e director teatral Roi Vidal Ponte, preséntase como unha experiencia de museo teatral onde o público ordena o caos conformado por un catálogo de personaxes alegóricas creadas a partir da intelixencia artificial. A entrada será de balde ata completar aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará