Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividade en familia para coñecer o bosque do Castelo de Soutomaior

castelo

As prazas para o roteiro, da programación “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior” da Deputación de Pontevedra, pódense reservar na plataforma de venda en liña do sitio web do Castelo

A Deputación organiza este sábado, 3 de xuño, unha das 30 actividades que a institución ten previsto realizar este ano no Castelo de Soutomaior: ‘O bosque segundo a estación’, un obradoiro e roteiro familiar para coñecer as súas cores, formas, texturas e as especies que habitan nel, así como as propiedades e os beneficios que teñen as árbores e demais especies vexetais desta contorna natural.

A actividade forma parte do programa ‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’, comeza ás 16:30 horas e as entradas xa están dispoñibles na plataforma de venda en liña do sitio web do Castelo, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €). A actividade conta cun total de 30 prazas. ‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’ trátase dunha programación de actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenas e nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará