Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home por saltarse a orde de afastamento da súa exparella

poli

Un home de 44 anos foi detido na madrugada de onte tras saltarse unha orde de afastamento da súa vítima. Os feitos tiveron lugar ás redor das 2:15 horas nun domicilio da Avenida Mediño e o home foi detido e trasladado a comisaría da Policía de Vigo.

Axentes da policía local e da policía nacional procederon esta madrugada a detención dun varón ao cal lle constaba en vigor unha orde de afastamento sobre a súa vítima.

Os feitos aconteceron arredor das 02.15 da madrugada, cando se recibiu unha chamada na Policía Local procedente do 112 informando dunha discusión nun domicilio sito na Avenida Mendiño. Unha vez no lugar xunto coa Policía Nacional, dende o exterior escoitáronse uns berros no interior do domicilio, polo que se procedeu a súa entrada e unha vez localizadas e entrevistados coas partes implicadas, o varón, a quen lle constaba unha orde de afastamento en vigor sobre a súa vítima, foi detido e trasladado a comisaría da Policía en Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará