Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fernando Sampil: “Confiamos en que o Museo Etnográfico se converta nun edificio icónico en Redondela”

museo redondela

O arquitecto do futuro museo etnográfico, actualmente en fase de construción na Avenida Mendiño, amosa a súa satisfacción cun proxecto que “malia o axustado do orzamento” busca converterse nun edificio de referencia que sexa facilmente identificable e que se converta nun espazo de dinamización cultural en Redondela.

Fernando Sampil arquitectos

O edificio estase a construír no solar que ocupaban as casas dos mestres, derruídas hai unhas semanas e que “eran unhas edificacións cun impacto absolutamente negativo polo que a súa retirada xa supón un avance para a zona”. A nova construción, que debería estar rematada e en funcionamento no inicio do vindeiro ano, busca ser “un inmoble recoñecible e se converta nun edificio icónico cunha imaxe visual potente”. Así o explica o arquitecto do proxecto, Fernando Sampil quen lembra que a obra está xa en marcha e que ten un período de execución de nove meses. Rematada esta primeira fase estaría xa operativa a que vai ser a planta baixa onde se ubicará unha grande sala de exposicións. Será aí onde se instalen as obras doadas polo artista redondelán Angel Barros.

Engade Sampil que o que se tratou foi facer un encaixe estrito para que, cos orzamentos previstos que ascenden nesta primeira fase a 475.898 euros, que fora viable realizar unha obra pública “que sexa independente e funcional”. Dende o punto de vista museístico o que se busca é unha edificación que sexa un “gran contedor cultural” e que se converta nun espazo de “dinamización, que atraia xente de forma diaria, e que sexa un punto de atracción de esparexemento, de reunión e de creación”.  

Rematada a primeira fase queda pendente o segundo andar do edificio e o ascensor. En total o museo etnográfico contará con 1.048 metros  cadrados construídos. Unha obra enmarcada dentro da Estratexia DUSI Redondela 2020.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará